Saltar ao contido

Jocelyn Toynbee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJocelyn Toynbee
–Jocelyn Mary Catherine Toynbee–
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1897
Paddington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1985 (88 anos)
Oxford
Reino Unido Reino Unido
País de nacionalidadeBritánica
Educación- Universidade de Cambridge.
- Universidade de Cambridge.
Q89547790Arqueoloxía e numismática romanas.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónantropóloga, profesora universitaria, numismático, arqueóloga clásica, historiador da arte, arqueóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNewnham College (en) Traducir
Universidade de Reading Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesada enArte da Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
AlumnosE. Mary Smallwood (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
PaisHarry Valpy Toynbee Editar o valor en Wikidata  e Sarah Edith Marshall Editar o valor en Wikidata
IrmánsArnold Joseph Toynbee Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1943: Membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.
- 1948: Medalla da Royal Numismatic Society.
- 1952: Membro da Academia Británica.
- 1956: Medalla Huntington da Sociedade Estadounidense de Numismática.
- 1968: Doutora Honoris Causa pola Universidade de Liverpool.
- 1973: Membro honorario internacional da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias.

BNE: XX1455798 WikiTree: Toynbee-48

Jocelyn Mary Catherine Toynbee, nada o 3 de marzo de 1897 en Paddington (Westminster) e finada o 31 de decembro de 1985 en Oxford, foi unha historiadora, arqueóloga e numismática inglesa. Foi unha das principais expertas británicas en estudos artísticos da Antiga Roma e unha das máximas autoridades mundiais nese eido.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jocelyn era filla de Harry Valpy Toynbee (1861-1941), secretario da organización caritativa Charity Organization Society, e da súa muller, Sarah Edith Marshall (1859-1939); o seu irmán Arnold J. Toynbee (1889-1975) foi tamén un salientable historiador.[1][4]

Jocelyn Toynbee cursou os seus estudos secundarios na escola de nenas Winchester High School e máis tarde a súa formación superior no Newnham College, da Universidade de Cambridge (1916-1920), onde se graduou con matrícula de honra en estudos clásicos.[1][5] Posteriormente completou a súa formación universitaria co seu doutoramento na Universidade de Oxford cunha tese acerca da escultura do período hadriánico.[6]

Exerceu como docente de estudos clásicos no St. Hugh's College, da Universidade de Oxford (1921-1924), na Universidade de Reading (1924-1927) e no Newnham College, da Universidade de Cambridge (1927-1951). De 1951 a 1962 exerceu nesta última universidade como profesora titular de Arqueoloxía Clásica.[1][7]

Ao longo da súa carreira, Toynbee mantivo fortes ligazóns coa Escola Británica de Roma, e foi presidenta da Facultade entre 1954 e 1959.[5]

En 1962, Toynbee foi a encargada de organizar unha grande exposición no museo Guildhal (o actual Museo de Londres) sobre a arte romana na Britania, que despois foi obxecto dunha publicación.[1][6][8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ademais destes recoñecementos, en 1977 editouse un volume composto por vinte contribucións na honra de Jocelyn Toynbee con motivo do seu octoxésimo aniversario.[13] Na súa colaboración nesta obra conxunta, Martin Robertson afirma que “ninguén fixo máis que ela para establecer e deixar clara a profunda unidade da tradición artística grecorromana”.[14]

En 1988 publicouse un novo volume na memoria de Toynbee, composto por contribucións de P. Zanker, S. Walker, R. L. Gordon, M. Beard e J. M. Reynolds.[15]

Escolma de obras

[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das numerosas monografías publicadas por Toynbee ao longo da súa carreira como arqueóloga, historiadora e numismática:[16]

  • (1934): The Hadrianic school: a chapter in the history of Greek art. Cambridge University Press.
  • (1944): Roman Medallions. American Numismatic Society.
  • (1948): A Roman decorated helmet and other objects from Norfolk. Society for the Promotion of Roman Studies.
  • (1951): Some Notes on Artists in the Roman World.Revue d'études latines. Bruxelas.
  • (1954): A Roman glass phalera from Carlisle. T. Wilson.
  • (1955): An unusual Roman sherd from the Upchurch marshes. Headley Bros. Londres.
  • (1956): The shrine of St. Peter and the Vatican excavations. Longmans. Londres e Nova York.
  • (1956): Picture-language in Roman art and coinage. Londres.
  • (1957): The Flavian Reliefs from the Palazzo delle Cancellaria in Rome. Oxford University Press.
  • (1962): Art in Roman Britain. Phaidon Press for the Society for the Promotion of Roman Studies.
  • (1963): A silver casket and strainer from the Walbrook Mithraeum in the City of London. Leiden, E.J. Brill.
  • (1964): Art in Britain under the Romans. Clarendon Press.
  • (1964): The Christian Roman mosaic : Hinton St. Mary Dorset. Dorset Natural History and Archaeological Society.
  • (1964): Catalogue of the Romano-Britsh sculptures in the Gloucester city museum. A. E. Smith. Gloucester.
  • (1965): The art of the Romans. Praeger. Nova York.
  • (1967): A fragment of an early Christian sarcophagus. Pontificia Commissione di archeologia sacra.
  • (1970): The early-Christian paintings at Santa Maria in Stelle near Verona. Verlag Aschendorff.
  • (1971): Death and burial in the Roman world. Cornell University Press.
  • (1971): Beasts and their names in the Roman Empire. Johnson. Nova York.
  • (1971): Peopled scrolls: a Hellenistic motif in imperial art. Johnson. Nova York.
  • (1973): Animals in Roman life and art. Cornell University Press.
  • (1976): Roman Art. Penguin. Baltimore.
  • (1978): Roman historical portraits. Cornell University Press.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Toynbee, J. M. C. Arquivado 08 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". Dictionary of Art Historians.
  2. Reynolds, J. M. (1993).
  3. 3,0 3,1 3,2 Todd, M. (2004).
  4. "Harry Valpy Toynbee". Geni.com
  5. 5,0 5,1 Hatfield, L. (1972).
  6. 6,0 6,1 Millett, M. (2016).
  7. "Toynbee, Jocelyn Mary Catherine". A Cambridge Alumni Database (ACAD).
  8. Toynbee, J. (1964). Art in Britain under the Romans. Oxford. Clarendon Press.
  9. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  10. "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
  11. "Honorary Graduates of the University Arquivado 20 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". University of Liverpool.
  12. "Member Directory: Jocelyn Mary Catherine Toynbee". American Academy of Arts and Sciences.
  13. Munby, J.; Henig, M. (eds.) (1977).
  14. Robertson, M. "Jocelyn Toynbee - an appreciation". En Munby, J.; Henig, M. (eds.) (1977).
  15. Zanker, P. et al. (1988).
  16. "J. M. C. Toynbee". En WorldCat.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]